viernes, 19 de febrero de 2016

Inscrición na viaxe de prácticas Arqueoloxía+Prehistoria 15-16-17 abril 2016

ATENCIÓN:

Aínda quedan prazas libres para acudir á viaxe!!
Se estás interesado terás que inscribirte xa, ata o luns 11/04/2016 como máximo.
___________________________________________________________

Se es alumno de Historia, tanto sexa en prácticas oficiais ou non, enche o formulario e envíao para participar na viaxe.

Podes consultar o programa da viaxe premendo AQUÍ

Prazo de inscrición: ata o luns 29 de febreiro de 2016

PRAZO EXTRAORDINARIO PRORROGADO ATA O XOVES 3 DE MARZO!!



A listaxe definitiva de alumnos/as inscritos na viaxe podes consultala no seguinte enlace:

LISTAXE de alumnos inscritos (actualizado 03-03-2016)

Falan de nós no DUVI: Les Galiciens sont arrivés

Os 30 participantes na sétima viaxe de estudos arqueolóxicos regresan de Bélxica

'Les galiciens sont arrivés'

Entre outros enclaves visitaron o campo de batalla de Waterloo

Moda merovinxia (Archeologiemuseum Brugge)

Accede á noticia completa pinchando AQUÍ

martes, 19 de enero de 2016

PROGRAMA DEFINITIVO DA VIAXE

Olá. Vaivos no seguinte enlace o programa definitivo da 7ème Tournée d'Études Archéologiques BELGIQUE 2016.


Finalmente, iremos 30 á viaxe. Saímos o venres 5 e voltamos o venres 12 de febreiro. Desfruta desta nova aventura arqueolóxica!!

viernes, 18 de diciembre de 2015

PROGRAMA ACTUALIZADO DA VIAXE

Olá! Vai a seguir o programa actualizado da viaxe.

Soamente cambia o nº de prazas dispoñibles (que agora son 38), o orzamento final (que sube só 15 euros, quedando en 365 €) e mais os prazos do primeiro pagamento de confirmación de participación na viaxe (ata o martes 22 de decembro, como a lotería...)

PROGRAMA ACTUALIZADO BÉLXICA 2016 (18/12/2015)

Tamén tedes aquí a listaxe de admisión na viaxe. Parabéns para os admitidos! Paciencia para os da lista de espera!

jueves, 10 de diciembre de 2015

PROGRAMA PROVISIONAL DA VIAXE BÉLXICA 2016

¿Ulo programa provisional da viaxe? Tranquilidade, que vai no seguinte enlace:


Amáis do programa, tamén podedes ver o percurso da viaxe (incluíndo albergues e sitios a visitar) na seguinte páxina de GoogleMaps:




viernes, 4 de diciembre de 2015

FORMULARIO DE PREINSCRICIÓN BÉLXICA 2016

Aquí tedes o formulario de preinscrición para a viaxe Bélxica 2016.


Se estás interesado, inscríbete xa agora: o prazo remata o domingo 20 de decembro de 2015!


ATENCIÓN!!
Prazas esgotadas desde o mércores 16/12/2015

Podes inscribirte igualmente (ata o venres 18/12/2015), pero quedarás anotado só como reserva.



jueves, 3 de diciembre de 2015

7ª VIAXE DE ESTUDOS ARQUEOLÓXICOS: BÉLXICA 2016

Por Tutatis! Por Belenos!

Xa está aquí a 7ª viaxe de estudos arqueolóxicos, que xa se facía esperar...

Desta volta iremos a Bélxica, con incursións de castigo a Luxemburgo, Holanda e Francia .

A viaxe, coma sempre, será durante o Entroido de 2016 (do 5 ao 12 de febreiro).