- Xa está aquí a nova viaxe arqueolóxica, desde Ourense para o Mundo, para febreiro de 2020.
- Voltaremos a Turquía por 3ª vez, nesta ocasión a Estambul e Anatolia central.
- Xacementos e Museos Hititas, Frigios, Romanos e Bizantinos, alá vamos!!
lunes, 2 de diciembre de 2019
11ª Viaxe de Estudos Arqueolóxicos: TURQUÍA/TÜRKIYE 2020
martes, 12 de marzo de 2019
Viaxe Prácticas Arqueo+Prehistoria Coimbra-Lisboa 2019
Viaxe de prácticas oficiais de campo (Prehistoria+Arqueoloxía) do Grao de Historia da Uvigo 2019
Viaxe de estudios (museos e xacementos arqueolóxicos) ao centro de Portugal (Coimbra e Lisboa)
Coordinación: L. Castro Pérez (Prehistoria), F. Pérez Losada (Arqueoloxía)
Datas: 05-06-07 de Abril 2019 (venres, sábado e domingo)
Exclusivamente para alumn@ de Historia da Uvigo!!
Prioridade para alumn@s/profesores oficiais en viaxe de prácticas (Prehistoria Xeral de 1º e Arqueoloxía Aplicada de 2º; aprox. 40 persoas). As prazas que fiquen libres (aprox. 10) poderán ser ocupadas por calquera outro alumno (grao, máster, doutoramento) ou egresado recente de Historia interesado.
Prazo de inscrición/pagamento: ata o venres 15 de marzo de 2019.
Prazo de inscrición/pagamento: ata o venres 15 de marzo de 2019.
Programa da viaxe:
Ficha de inscrición:
miércoles, 6 de febrero de 2019
България 2019 no DUVI!!!
Nova da viaxe Bulgaria 2019 recollida no DUVI
https://www.uvigo.gal/universidade/comunicacion/duvi/bulgaria-destino-x-viaxe-estudos-arqueoloxicos
https://www.uvigo.gal/universidade/comunicacion/duvi/bulgaria-destino-x-viaxe-estudos-arqueoloxicos
viernes, 28 de diciembre de 2018
Listaxe de admisión/espera na viaxe
Dada a grande demanda de solicitudes (42) para acudir
á viaxe, a organización decidíu ampliar a súa capacidade desde 25 ata 30 prazas
dispoñibles.
Aínda así non tod@s puideron ser admitidos en primeira instancia, establecéndose a correspondente listaxe de espera.
Os admitid@s deberán efectuar un primeiro pagamento de 300 €,
a xeito de confirmación e reserva de praza, ata o martes 8 de xaneiro de 2019. As prazas dos que non paguen en tempo e forma
inmediatamente serán ofrecidas (días 9 e 10 de xaneiro) ós da listaxe de
reservas.
Podedes descargar a listaxe no seguinte enlace:
miércoles, 12 de diciembre de 2018
Programa PROVISIONAL da viaxe
A viaxe BULGARIA 2019 será desde o venres 1 ao luns 11 de marzo de 2019 (nada menos que 11 días durante a semana do Entroido!!). Hai 25 prazas dispoñibles.
Imos a Madrid en coches particulares a coller o avión e despois desprazarémonos por Bulgaria en coches alugados. O aloxamento
será en Hoteis ou Hostels, en cuartos múltiples,
con ou sen baño no cuarto e co pequeno almorzo incluído.
O orzamento non chega a superar os 400 euros por persoa!!
Podedes descargar o Programa Provisional no seguinte enlace:
Viaxe BULGARIA 2019 Formulario de pre-inscrición
Prioridade
para alumnos, profesores, egresados e investigadores de Historia da Uvigo
(grao, licenciatura, máster/doutoramento) que estean directamente relacionados
coa arqueoloxía, e para todos aqueles que acheguen infraestructuras necesarias
para a viaxe (conductores en Bulgaria, coches ao aeroporto de Madrid). Se
houbese prazas libres, tamén poderán participar alumnos/egresados procedentes
doutras licenciaturas afines da Uvigo, doutras universidades e incluso acompañantes
externos.
Apúntate xa, porque as prazas voan e soamente hai 25 dispoñibles! O prazo de inscrición remata o domingo 23 de decembro.
FORMULARIO DE PRE-INSCRICIÓN
jueves, 6 de diciembre de 2018
10ª Viaxe de Estudos Arqueolóxicos: BULGARIA 2019
Estamos de aniversario! Coa próxima saída, en marzo de 2019, cumpriremos 10 anos ininterrumpidos de viaxes arqueolóxicas, desde Ourense para o Mundo!
A 10ª viaxe de estudos arqueolóxicos será a un exótico destino de Europa do leste, tan pouco coñecido como apaixonante e cautivador, como é BULGARIA/България 2019.
Non deixes pasar esta ocasión e fica atento, porque nuns días aparecera neste blogue tanto o programa provisional como a ficha de inscrición.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)





