domingo, 12 de marzo de 2023
lunes, 2 de enero de 2023
13ª VIAXE DE ESTUDOS ARQUEOLÓXICOS:
ROMANÍA 2023
Estas viaxes son promovidas e organizadas, desde hai moitos anos, pola área de Arqueoloxía (integrada no GEAAT, Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio), e mais pola Delegación de Alumnado da Facultade de Historia (DAFHO) do Campus de Ourense (Universidade de Vigo).
A proposta para 2023 é irmos ata Romanía, a antiga Dacia romana. A viaxe será, coma case sempre, durante a semana do Entroido (do 16 ao 25 de febreiro 2023).
Para saber polo miúdo datas, prezos, percorridos, prazas e condicións podedes consultar o programa provisional da viaxe:
Formulario de inscrición online dispoñible en:
Formulario Inscrición România 2023
* Previsto 20 prazas
(=4 coches de 5 prazas). Ampliable ata 25 prazas (=5 coches) se houbese moita
demanda e isto non implicase incremento exponencial do prezo da cuota da viaxe.
* Prazo de inscrición: do 2 ao 8 de xaneiro de 2023.
* Prioridade para alumnos, profesores, egresados e investigadores de Historia da Uvigo (grao, licenciatura, máster/doutoramento) que estean directamente relacionados coa arqueoloxía, e para todos aqueles que acheguen infraestructuras necesarias para a viaxe (conductores en Rumanía, coches ao aeroporto de Madrid). Se houbese prazas libres, tamén poderán participar alumnos/egresados procedentes doutras titulacións afins da Uvigo, doutras universidades e incluso acompañantes externos. A igualdade de condicións, terase en conta a data/hora de inscrición.
* No formulario hai que comprometerse a efectuar o pagamento inmediato da 1ª parte (250 €) da cuota da viaxe. O xustificante do devandito pagamento terá que ser remitido por mail (fermin@uvigo.es) ou WhatsApp (+34657303607) de xeito inmediato ou, como máximo, ata as 48 horas seguintes ao envío do formulario, caso contrario a inscrición na viaxe non se considerará válida.
martes, 22 de marzo de 2022
Viaxe de Estudios (museos e xacementos arqueolóxicos) a Asturias e León (Coaña, Xixón, León, Astorga, Las Médulas)
Coordinación: F. Pérez Losada (área de Arqueoloxía) Datas: 22-23-24 de Abril 2022 (venres, sábado e domingo)Programa da viaxe dispoñible en: https://drive.google.com/file/d/1cE3RAQRT0rvKgtKMoE9QiiisAkaiyqdF/view?usp=sharing
Formulario de inscrición en: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScBjpvP6i3kGyxy1UlOzWcKcldOt99hrc205-6GYWssgaK-BQ/viewform
Prazo de inscrición: ata o sábado 26/03/2022
domingo, 20 de febrero de 2022
PROGRAMA PROVISIONAL E FORMULARIO DE INSCRICIÓN
Para poder participar na viaxe é obrigatorio cubrir e enviar o seguinte Formulario de Inscrición
- Prazo de inscrición (improrrogable) ata o xoves 24 de febreiro de 2022
- Prazas limitadas: 20 prazas (ampliable ata 25 se resultase posible)
- Terán prioridade os alumnos, profesores, egresados e investigadores de Historia da Uvigo (grao, licenciatura, máster/doutoramento) que estean directamente relacionados coa arqueoloxía, e tamén todos aqueles que acheguen infraestructuras necesarias para a viaxe (conductores en Turquía, coches ao aeroporto de Madrid). Se houbese prazas libres, tamén poderán participar alumnos/egresados procedentes doutras titulacións afins da Uvigo, doutras universidades e incluso acompañantes externos.
viernes, 18 de febrero de 2022
Despois da pandemia . . . . . . .
12ª viaxe de estudos arqueolóxicos Turquía 2022
12. arkeolojik çalişma gezisi Türkiye 2022
miércoles, 4 de marzo de 2020
Viaxe de estudios (museos e xacementos arqueolóxicos) á Lusitania
romana (Idanha, Mérida, Cáparra)
PRÁCTICAS DE CAMPO oficiais dos alumnos de Arqueoloxía Aplicada (2º curso Grao Historia Ourense)
Coordinación: F. Pérez Losada (área de Arqueoloxía)
Datas: 27-28-29 de Marzo 2020 (venres,
sábado e domingo)
Programa provisional dispoñible en:
Formulario de inscrición en:
https://docs.google.com/forms/d/1b3EMblgfYC4Q46VnY2iDKrdV6QtZTB8cCE8_d-FQ1jA
Prazo de inscrición: ata o domingo 08/03/2020
lunes, 2 de diciembre de 2019
TÜRKIYE 2020: Programa Provisional e Formulario de Inscrición
A viaxe será, como sempre, na semana do Entroido de 2020, concretamente entre o venres 21 de febreiro e o domingo 1 de marzo (10 días). Para mais detalles, aquí podedes descargar o Programa Provisional da viaxe:
Para poder participar na viaxe é obrigatorio cubrir e enviar o seguinte Formulario de Inscrición
- Prazo de inscrición (improrrogable) ata o mércores 11 de Decembro de 2019.
- Prazas limitadas: 25-27 prazas dispoñibles.
- Terán prioridade os alumnos, profesores, egresados e investigadores de Historia da Uvigo (grao, licenciatura, máster/doutoramento) que estean directamente relacionados coa arqueoloxía, e tamén todos aqueles que acheguen infraestructuras necesarias para a viaxe (conductores en Turquía, coches ao aeroporto de Madrid). Se houbese prazas libres, tamén poderán participar alumnos/egresados procedentes doutras titulacións afins da Uvigo, doutras universidades e incluso acompañantes externos.




