viernes, 20 de marzo de 2026

 

VIAXE PRÁCTICAS CAMPO ARQUEOLOXÍA

Xacementos castrexos e romanos do norte de Portugal

[Maio 2026]

Corta da Ribeirinha en Trêsminas


Prioridade absoluta (40 prazas reservadas mínimo) para os alumnos de 2º (Arqueoloxía Aplicada) en viaxe oficial de prácticas. As prazas que sobren (ca. 10) quedarán dispoñibles para o resto de alumnos (Grao-Máster-Doutoramento, especialmente para os de os de Teoría e Método da Arqueoloxía de 1º curso), e profesores ou egresados recentes de Xeografía e Historia que estean interesados na viaxe.

PROGRAMA DA VIAXE


Para participar na viaxe é obrigatório inscribirse previamente (tanto os alumnos de 2º en viaxe oficial de prácticas como as persoas de participación libre) ao traveso do formulário online seguinte. Prazo de inscrición ata o venres 27/03/2026 ás 14:00 horas.

Formulario inscrición viaxe norte Portugal

lunes, 2 de marzo de 2026


                      16ª VIAXE DE ESTUDOS ARQUEOLÓXICOS:

                      TUNISIA 2026


Estas viaxes son promovidas e organizadas, desde hai moitos anos, pola área de Arqueoloxía (integrada no GEAAT, Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio), e máis pola Delegación de Alumnos da Facultade de Historia (DAFHO).

A filosofía que as inspira é que sexan culturalmente atractivas, centradas na temática arqueolóxica e patrimonial, pero moi diferentes dos packs turísticos convencionais ofertados nas axencias de viaxes. De feito, caracterízanse por seren totalmente autoxestionadas, bastante alternativas (ás veces mesmo algo aventureiras), moi participativas e colaborativas e, sobre todo, o máis low cost posible.

A proposta para 2026 é Tunisia, un país cheo de vestixios arqueolóxicos (púnicos, númidas, romanos, bizantinos e islámicos) de 1º nivel, destacando a magnífica colección de mosaicos do Museo do Bardo en Tunis. A viaxe será despois de Semana Santa, durante o mes de abril (do 15 ao 25 de abril 2026).

Para saber polo miúdo datas, prezos, percorridos, prazas e condicións podedes consultar o programa provisional da viaxe:

Prog provisional Tunisia 2026 

********************************************************

Formulario de inscrición online dispoñible en:

Formulario Inscrición Tunisia 2026

* Previsto 20 prazas (=4 coches de 5 prazas). Ampliable ata 25 prazas (=5 coches) se houbese moita demanda e isto non implicase incremento exponencial do prezo da cota da viaxe.
Prazo de inscrición: desde as 14:00 horas do martes 03/03/2026 ata, como máximo, o martes 10/03/2026 ou que se esgoten as prazas, o que ocorra antes.
Prioridade para alumnxs, profesorxs, egresadxs e investigadorxs de Historia da Uvigo (grao, licenciatura, mestrado/doutoramento) que estean directamente relacionados coa arqueoloxía, alumnxs/profesorxs/egresadxs do Máster de Arqueoloxía (USC-UVigo-UDC), arqueólogxs profesionais do NO peninsular, e para todxs aquelxs que acheguen infraestruturas necesarias para a viaxe (condutores en Tunisia, coches ao aeroporto de Madrid). Se houbese prazas libres, tamén poderán participar alumnxs/egresadxs procedentes doutras titulacións afíns da Uvigo, doutras universidades e incluso acompañantes externos. A igualdade de condicións terase en conta a data/hora de inscrición.
No formulario hai que comprometerse a efectuar o pagamento inmediato da 1ª parte (400 €) da cota da viaxe. O xustificante do devandito pagamento terá que ser remitido por correo electrónico a (fermin@uvigo.gal) ou WhatsApp (+34657303607) de xeito inmediato ou, como máximo, nas 24 horas seguintes ao envío do formulario. En caso contrario, a inscrición na viaxe non se considerará válida.

martes, 29 de abril de 2025

 

2ª VIAXE DE PRÁCTICAS DE CAMPO DE ARQUEOLOXÍA

Lugo romano, 09/05/2025




Prioridade absoluta (40 prazas reservadas mínimo) para os alumnos de 2º (Arqueoloxía Aplicada) en viaxe oficial de prácticas. As prazas que sobren (ca. 10) quedarán dispoñibles para o resto de alumnos (1º, 3º e 4º de Grao, Máster, Doutoramento) e profesores ou egresados recentes de Xeografía e Historia que estean interesados na viaxe.

PROGRAMA DA VIAXE (rev)


Para participar na viaxe é obrigatório inscribirse previamente (tanto os alumnos de 2º en viaxe oficial de prácticas como as persoas de participación libre) ao traveso do formulário online seguinte. Prazo de inscrición ata o mércores 07/05/2025 ás 14:00 horas.

formulario inscrición ARQUEO-LUGO 09-05-2025



jueves, 27 de marzo de 2025

 1ª VIAXE DE PRÁCTICAS DE CAMPO DE ARQUEOLOXÍA

CELANOVA-BANDE-LOBIOS, 11/04/2025



Prioridade absoluta (40 prazas reservadas mínimo) para os alumnos de 2º (Arqueoloxía Aplicada) en viaxe oficial de prácticas. As prazas que sobren (ca. 10) quedarán dispoñibles para o resto de alumnos (1º, 3º e 4º de Grao, Máster, Doutoramento) e profesores ou egresados recentes de Xeografía e Historia que estean interesados na viaxe.


Para participar na viaxe é obrigatório inscribirse previamente (tanto os alumnos de 2º en viaxe oficial de prácticas como as persoas de participación libre) ao traveso do formulário online seguinte. Prazo de inscrición ata o mércores 09/04/2025 ás 14:00 horas.

FORMULARIO DE INSCRICIÓN ARQ BANDE  11-04-2025


jueves, 19 de diciembre de 2024

 15ª VIAXE DE ESTUDOS ARQUEOLÓXICOS:

SUROESTE DE TURQUÍA 2025

Estas viaxes son promovidas e organizadas, desde hai moitos anos, pola área de Arqueoloxía (integrada no GEAAT, Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio), e máis pola Delegación de Alumnos da Facultade de Historia (DAFHO).

A filosofía que as inspira é que sexan culturalmente atractivas, centradas na temática arqueolóxica e patrimonial, pero moi diferentes dos packs turísticos convencionais ofertados nas axencias de viaxes. De feito, caracterízanse por seren totalmente autoxestionadas, bastante alternativas (ás veces mesmo algo aventureiras), moi participativas e colaborativas e, sobre todo, o máis low cost posible.

Para 2025 propoñemos voltar de novo a Turquía (¡xa será a 5ª vez!), nesta ocasión a zona do Exeo, no suroeste do país, vistiando sitios tan senlleiros como Pérgamo, Éfeso, Mileto, Knido, Hierápolis ou Afrodisias. A viaxe será, como é habitual, durante a semana do Entroido (do 28 de febreiro ao 9 de marzo 2025).

Para saber polo miúdo datas, prezos, percorridos, prazas e condicións podedes consultar o programa provisional da viaxe:

Prog provisional Türkiye 2025 


********************************************************


Formulario de inscrición online dispoñible en:

Formulario Inscrición Türkiye 2025

* Previsto 20 prazas (=4 coches de 5 prazas). Ampliable ata 25 prazas (=5 coches) se houbese moita demanda e isto non implicase incremento exponencial do prezo da cota da viaxe.
Prazo de inscrición: desde as 00:01 horas do sábado 21/12/2024 ata, como máximo, o venres 03/01/2025 ou que se esgoten as prazas, o que ocorra antes.
Prioridade para alumnos, profesores, egresados e investigadores de Historia da Uvigo (grao, licenciatura, mestrado/doutoramento) que estean directamente relacionados coa arqueoloxía, alumnos/profesores/egresados do Máster de Arqueoloxía (USC-UVigo-UDC), e para todos aqueles que acheguen as infraestruturas necesarias para a viaxe (condutores en Francia, coches ao aeroporto de Porto). Se houbese prazas libres, tamén poderán participar alumnos/egresados procedentes doutras titulacións afíns da Uvigo, doutras universidades e incluso acompañantes externos. A igualdade de condicións terase en conta na data/hora de inscrición.
No formulario hai que comprometerse a efectuar o pagamento inmediato da 1ª parte (485 €) da cota da viaxe. O xustificante do devandito pagamento terá que ser remitido por correo electrónico a (fermin@uvigo.gal) ou WhatsApp (+34657303607) de xeito inmediato ou, como máximo, nas 48 horas seguintes ao envío do formulario. En caso contrario, a inscrición na viaxe non se considerará válida.


martes, 27 de febrero de 2024

Viaxe de Prácticas Arqueoloxía Fac. Historia de Ourense

LUGO Castrexo e Romano




Data: venres 8 de marzo de 2024

Dirixida aos alumnos de 2º do Grao en Xeografía e Historia, materia "Arqueoloxía Aplicada", que teñen prioridade absoluta de inscrición.
As prazas que queden libres estarán dispoñibles para o resto dos alumnos (especialmente para os de Teoría e Método da Arqueoloxía de 1º), Máster-Doutoramento e profesores ou egresados recentes de Xeografía e Historia de Ourense.

Programa:

Formulario de Inscrición:
Prazo de inscrición ata o mércores 06/03/2024 ás 14:00 horas




miércoles, 27 de diciembre de 2023

      14ª VIAXE DE ESTUDOS ARQUEOLÓXICOS

FRANCE 2024


Xa sabedes que estas viaxes son promovidas e organizadas, desde hai moitos anos, pola área de Arqueoloxía (integrada no GEAAT, Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio), e mais pola Delegación de Alumnado da Facultade de Historia (DAFHO) do Campus de Ourense (Universidade de Vigo

Para 2024 a proposta é que vaiamos ata Francia, concretamente ao sur do país (Ródano-Alpes, Provenza-Costa Azul e Languedoc-Rosellón). A viaxe será, coma case sempre, durante a semana do Entroido (do 10 ao 19 de febreiro 2024).

Para saber polo miúdo datas, prezos, percorridos, prazas e condicións podedes consultar o programa provisional da viaxe:

Prog provis France 2024 

Formulario de inscrición online dispoñible en:

Formulario Inscrición France 2024

* Previsto 20 prazas (=4 coches de 5 prazas). Ampliable ata 25 prazas (=5 coches) se houbese moita demanda e isto non implicase incremento exponencial do prezo da cota da viaxe.

* Prazo de inscrición: do mércores 27/12/2023 ata o venres 05/01/2024.

Prioridade para alumnos, profesores, egresados e investigadores de Historia da Uvigo (grao, licenciatura, mestrado/doutoramento) que estean directamente relacionados coa arqueoloxía, alumnos/profesores/egresados do Máster de Arqueoloxía (USC-UVigo-UDC), e para todos aqueles que acheguen as infraestruturas necesarias para a viaxe (condutores en Francia, coches ao aeroporto de Porto). Se houbese prazas libres, tamén poderán participar alumnos/egresados procedentes doutras titulacións afíns da Uvigo, doutras universidades e incluso acompañantes externos. A igualdade de condicións terase en conta na data/hora de inscrición.

No formulario hai que comprometerse a efectuar o pagamento inmediato da 1ª parte (375 €) da cota da viaxe. O xustificante do devandito pagamento terá que ser remitido por correo electrónico a (fermin@uvigo.gal) ou WhatsApp (+34657303607) de xeito inmediato ou, como máximo, nas 48 horas seguintes ao envío do formulario. En caso contrario, a inscrición na viaxe non se considerará válida.