miércoles, 27 de diciembre de 2023

      14ª VIAXE DE ESTUDOS ARQUEOLÓXICOS

FRANCE 2024


Xa sabedes que estas viaxes son promovidas e organizadas, desde hai moitos anos, pola área de Arqueoloxía (integrada no GEAAT, Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio), e mais pola Delegación de Alumnado da Facultade de Historia (DAFHO) do Campus de Ourense (Universidade de Vigo

Para 2024 a proposta é que vaiamos ata Francia, concretamente ao sur do país (Ródano-Alpes, Provenza-Costa Azul e Languedoc-Rosellón). A viaxe será, coma case sempre, durante a semana do Entroido (do 10 ao 19 de febreiro 2024).

Para saber polo miúdo datas, prezos, percorridos, prazas e condicións podedes consultar o programa provisional da viaxe:

Prog provis France 2024 

Formulario de inscrición online dispoñible en:

Formulario Inscrición France 2024

* Previsto 20 prazas (=4 coches de 5 prazas). Ampliable ata 25 prazas (=5 coches) se houbese moita demanda e isto non implicase incremento exponencial do prezo da cota da viaxe.

* Prazo de inscrición: do mércores 27/12/2023 ata o venres 05/01/2024.

Prioridade para alumnos, profesores, egresados e investigadores de Historia da Uvigo (grao, licenciatura, mestrado/doutoramento) que estean directamente relacionados coa arqueoloxía, alumnos/profesores/egresados do Máster de Arqueoloxía (USC-UVigo-UDC), e para todos aqueles que acheguen as infraestruturas necesarias para a viaxe (condutores en Francia, coches ao aeroporto de Porto). Se houbese prazas libres, tamén poderán participar alumnos/egresados procedentes doutras titulacións afíns da Uvigo, doutras universidades e incluso acompañantes externos. A igualdade de condicións terase en conta na data/hora de inscrición.

No formulario hai que comprometerse a efectuar o pagamento inmediato da 1ª parte (375 €) da cota da viaxe. O xustificante do devandito pagamento terá que ser remitido por correo electrónico a (fermin@uvigo.gal) ou WhatsApp (+34657303607) de xeito inmediato ou, como máximo, nas 48 horas seguintes ao envío do formulario. En caso contrario, a inscrición na viaxe non se considerará válida.