viernes, 18 de diciembre de 2015

PROGRAMA ACTUALIZADO DA VIAXE

Olá! Vai a seguir o programa actualizado da viaxe.

Soamente cambia o nº de prazas dispoñibles (que agora son 38), o orzamento final (que sube só 15 euros, quedando en 365 €) e mais os prazos do primeiro pagamento de confirmación de participación na viaxe (ata o martes 22 de decembro, como a lotería...)

PROGRAMA ACTUALIZADO BÉLXICA 2016 (18/12/2015)

Tamén tedes aquí a listaxe de admisión na viaxe. Parabéns para os admitidos! Paciencia para os da lista de espera!

jueves, 10 de diciembre de 2015

PROGRAMA PROVISIONAL DA VIAXE BÉLXICA 2016

¿Ulo programa provisional da viaxe? Tranquilidade, que vai no seguinte enlace:


Amáis do programa, tamén podedes ver o percurso da viaxe (incluíndo albergues e sitios a visitar) na seguinte páxina de GoogleMaps:




viernes, 4 de diciembre de 2015

FORMULARIO DE PREINSCRICIÓN BÉLXICA 2016

Aquí tedes o formulario de preinscrición para a viaxe Bélxica 2016.


Se estás interesado, inscríbete xa agora: o prazo remata o domingo 20 de decembro de 2015!


ATENCIÓN!!
Prazas esgotadas desde o mércores 16/12/2015

Podes inscribirte igualmente (ata o venres 18/12/2015), pero quedarás anotado só como reserva.



jueves, 3 de diciembre de 2015

7ª VIAXE DE ESTUDOS ARQUEOLÓXICOS: BÉLXICA 2016

Por Tutatis! Por Belenos!

Xa está aquí a 7ª viaxe de estudos arqueolóxicos, que xa se facía esperar...

Desta volta iremos a Bélxica, con incursións de castigo a Luxemburgo, Holanda e Francia .

A viaxe, coma sempre, será durante o Entroido de 2016 (do 5 ao 12 de febreiro).