viernes, 28 de diciembre de 2018

Listaxe de admisión/espera na viaxe


Dada a grande demanda de solicitudes (42) para acudir á viaxe, a organización decidíu ampliar a súa capacidade desde 25 ata 30 prazas dispoñibles.
Aínda así non tod@s puideron ser admitidos en primeira instancia, establecéndose a correspondente listaxe de espera.
Os admitid@s deberán efectuar un primeiro pagamento de 300 €, a xeito de confirmación e reserva de praza, ata o martes 8 de xaneiro de 2019. As prazas dos que non paguen en tempo e forma inmediatamente serán ofrecidas (días 9 e 10 de xaneiro) ós da listaxe de reservas.
Podedes descargar a listaxe no seguinte enlace:




miércoles, 12 de diciembre de 2018

Programa PROVISIONAL da viaxe


A viaxe BULGARIA 2019 será desde o venres 1 ao luns 11 de marzo de 2019 (nada menos que 11 días durante a semana do Entroido!!). Hai 25 prazas dispoñibles.

Imos a Madrid en coches particulares a coller o avión e despois desprazarémonos por Bulgaria en coches alugados. O aloxamento será en Hoteis ou Hostels, en cuartos múltiples, con ou sen baño no cuarto e co pequeno almorzo incluído.

O orzamento non chega a superar os 400 euros por persoa!!

Podedes descargar o Programa Provisional no seguinte enlace:

https://drive.google.com/file/d/10e-3Dq0quF19aokUxSIfv7nlSEz9X6jJ/view?usp=sharing


Viaxe BULGARIA 2019 Formulario de pre-inscrición

Prioridade para alumnos, profesores, egresados e investigadores de Historia da Uvigo (grao, licenciatura, máster/doutoramento) que estean directamente relacionados coa arqueoloxía, e para todos aqueles que acheguen infraestructuras necesarias para a viaxe (conductores en Bulgaria, coches ao aeroporto de Madrid). Se houbese prazas libres, tamén poderán participar alumnos/egresados procedentes doutras licenciaturas afines da Uvigo, doutras universidades e incluso acompañantes externos.

Apúntate xa, porque as prazas voan e soamente hai 25 dispoñibles! O prazo de inscrición remata o domingo 23 de decembro.

FORMULARIO DE PRE-INSCRICIÓN



jueves, 6 de diciembre de 2018

10ª Viaxe de Estudos Arqueolóxicos: BULGARIA 2019

Estamos de aniversario! Coa próxima saída, en marzo de 2019, cumpriremos 10 anos ininterrumpidos de viaxes arqueolóxicas, desde Ourense para o Mundo!
A 10ª viaxe de estudos arqueolóxicos será a un exótico destino de Europa do leste, tan pouco coñecido como apaixonante e cautivador, como é BULGARIA/България 2019.
Non deixes pasar esta ocasión e fica atento, porque nuns días aparecera neste blogue tanto o programa provisional como a ficha de inscrición.