martes, 22 de marzo de 2022

Viaxe de Estudios (museos e xacementos arqueolóxicos) a Asturias e León (Coaña, Xixón, León, Astorga, Las Médulas)


PRÁCTICAS DE CAMPO oficiais dos alumnos de Arqueoloxía Aplicada (2º curso Grao Historia Ourense)

Coordinación: F. Pérez Losada (área de Arqueoloxía)
Datas: 22-23-24 de Abril 2022 (venres, sábado e domingo)
Programa da viaxe dispoñible en: 
https://drive.google.com/file/d/1cE3RAQRT0rvKgtKMoE9QiiisAkaiyqdF/view?usp=sharing 
Formulario de inscrición en:  
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScBjpvP6i3kGyxy1UlOzWcKcldOt99hrc205-6GYWssgaK-BQ/viewform
Prazo de inscrición: ata o sábado 26/03/2022



domingo, 20 de febrero de 2022

 

PROGRAMA PROVISIONAL E FORMULARIO DE INSCRICIÓN

A viaxe está prevista para a semana previa a Semana Santa, concretamente desde o sábado 02/04/2022 ata o martes 12/04/2022 (11 días). Para mais detalles, aquí podedes descargar o Programa Provisional da viaxe:


Para poder participar na viaxe é obrigatorio cubrir e enviar o seguinte Formulario de Inscrición



  • Prazo de inscrición (improrrogable) ata o xoves 24 de febreiro de 2022
  • Prazas limitadas: 20 prazas (ampliable ata 25 se resultase posible)
  • Terán prioridade os alumnos, profesores, egresados e investigadores de Historia da Uvigo (grao, licenciatura, máster/doutoramento) que estean directamente relacionados coa arqueoloxía, e tamén todos aqueles que acheguen infraestructuras necesarias para a viaxe (conductores en Turquía, coches ao aeroporto de Madrid). Se houbese prazas libres, tamén poderán participar alumnos/egresados procedentes doutras titulacións afins da Uvigo, doutras universidades e incluso acompañantes externos.

viernes, 18 de febrero de 2022

Despois da pandemia . . . . . . .

12ª viaxe de estudos arqueolóxicos Turquía 2022

12. arkeolojik çalişma gezisi Türkiye 2022

Voltaremos por 4ª vez a Turquía, nesta ocasión ao sur e ao leste: chegaremos ata a fronteira con Siria!!
Por primeira vez, a viaxe non será no inverno (semana do Antroido) senón na primavera,  durante a primeira quincena de abril