jueves, 19 de diciembre de 2024

 15ª VIAXE DE ESTUDOS ARQUEOLÓXICOS:

SUROESTE DE TURQUÍA 2025

Estas viaxes son promovidas e organizadas, desde hai moitos anos, pola área de Arqueoloxía (integrada no GEAAT, Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio), e máis pola Delegación de Alumnos da Facultade de Historia (DAFHO).

A filosofía que as inspira é que sexan culturalmente atractivas, centradas na temática arqueolóxica e patrimonial, pero moi diferentes dos packs turísticos convencionais ofertados nas axencias de viaxes. De feito, caracterízanse por seren totalmente autoxestionadas, bastante alternativas (ás veces mesmo algo aventureiras), moi participativas e colaborativas e, sobre todo, o máis low cost posible.

Para 2025 propoñemos voltar de novo a Turquía (¡xa será a 5ª vez!), nesta ocasión a zona do Exeo, no suroeste do país, vistiando sitios tan senlleiros como Pérgamo, Éfeso, Mileto, Knido, Hierápolis ou Afrodisias. A viaxe será, como é habitual, durante a semana do Entroido (do 28 de febreiro ao 9 de marzo 2025).

Para saber polo miúdo datas, prezos, percorridos, prazas e condicións podedes consultar o programa provisional da viaxe:

Prog provisional Türkiye 2025 


********************************************************


Formulario de inscrición online dispoñible en:

Formulario Inscrición Türkiye 2025

* Previsto 20 prazas (=4 coches de 5 prazas). Ampliable ata 25 prazas (=5 coches) se houbese moita demanda e isto non implicase incremento exponencial do prezo da cota da viaxe.
Prazo de inscrición: desde as 00:01 horas do sábado 21/12/2024 ata, como máximo, o venres 03/01/2025 ou que se esgoten as prazas, o que ocorra antes.
Prioridade para alumnos, profesores, egresados e investigadores de Historia da Uvigo (grao, licenciatura, mestrado/doutoramento) que estean directamente relacionados coa arqueoloxía, alumnos/profesores/egresados do Máster de Arqueoloxía (USC-UVigo-UDC), e para todos aqueles que acheguen as infraestruturas necesarias para a viaxe (condutores en Francia, coches ao aeroporto de Porto). Se houbese prazas libres, tamén poderán participar alumnos/egresados procedentes doutras titulacións afíns da Uvigo, doutras universidades e incluso acompañantes externos. A igualdade de condicións terase en conta na data/hora de inscrición.
No formulario hai que comprometerse a efectuar o pagamento inmediato da 1ª parte (485 €) da cota da viaxe. O xustificante do devandito pagamento terá que ser remitido por correo electrónico a (fermin@uvigo.gal) ou WhatsApp (+34657303607) de xeito inmediato ou, como máximo, nas 48 horas seguintes ao envío do formulario. En caso contrario, a inscrición na viaxe non se considerará válida.