16ª VIAXE DE ESTUDOS ARQUEOLÓXICOS:
TUNISIA 2026
Estas viaxes son promovidas e organizadas, desde hai moitos anos, pola área de Arqueoloxía (integrada no GEAAT, Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio), e máis pola Delegación de Alumnos da Facultade de Historia (DAFHO).
A filosofía que as inspira é que sexan culturalmente atractivas, centradas na temática arqueolóxica e patrimonial, pero moi diferentes dos packs turísticos convencionais ofertados nas axencias de viaxes. De feito, caracterízanse por seren totalmente autoxestionadas, bastante alternativas (ás veces mesmo algo aventureiras), moi participativas e colaborativas e, sobre todo, o máis low cost posible.
A proposta para 2026 é Tunisia, un país cheo de vestixios arqueolóxicos (púnicos, númidas, romanos, bizantinos e islámicos) de 1º nivel, destacando a magnífica colección de mosaicos do Museo do Bardo en Tunis. A viaxe será despois de Semana Santa, durante o mes de abril (do 15 ao 25 de abril 2026).
Para saber polo miúdo datas, prezos, percorridos, prazas e condicións podedes consultar o programa provisional da viaxe:
Prog provisional Tunisia 2026
********************************************************
Formulario de inscrición online dispoñible en:
Formulario Inscrición Tunisia 2026
* Previsto 20 prazas (=4 coches de 5 prazas). Ampliable ata 25 prazas (=5 coches) se houbese moita demanda e isto non implicase incremento exponencial do prezo da cota da viaxe.
* Prazo de inscrición: desde as 14:00 horas do martes 03/03/2026 ata, como máximo, o martes 10/03/2026 ou que se esgoten as prazas, o que ocorra antes.
* Prioridade para alumnxs, profesorxs, egresadxs e investigadorxs de Historia da Uvigo (grao, licenciatura, mestrado/doutoramento) que estean directamente relacionados coa arqueoloxía, alumnxs/profesorxs/egresadxs do Máster de Arqueoloxía (USC-UVigo-UDC), arqueólogxs profesionais do NO peninsular, e para todxs aquelxs que acheguen infraestruturas necesarias para a viaxe (condutores en Tunisia, coches ao aeroporto de Madrid). Se houbese prazas libres, tamén poderán participar alumnxs/egresadxs procedentes doutras titulacións afíns da Uvigo, doutras universidades e incluso acompañantes externos. A igualdade de condicións terase en conta a data/hora de inscrición.
* No formulario hai que comprometerse a efectuar o pagamento inmediato da 1ª parte (400 €) da cota da viaxe. O xustificante do devandito pagamento terá que ser remitido por correo electrónico a (fermin@uvigo.gal) ou WhatsApp (+34657303607) de xeito inmediato ou, como máximo, nas 24 horas seguintes ao envío do formulario. En caso contrario, a inscrición na viaxe non se considerará válida.