jueves, 19 de diciembre de 2024

 15ª VIAXE DE ESTUDOS ARQUEOLÓXICOS:

SUROESTE DE TURQUÍA 2025

Estas viaxes son promovidas e organizadas, desde hai moitos anos, pola área de Arqueoloxía (integrada no GEAAT, Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio), e máis pola Delegación de Alumnos da Facultade de Historia (DAFHO).

A filosofía que as inspira é que sexan culturalmente atractivas, centradas na temática arqueolóxica e patrimonial, pero moi diferentes dos packs turísticos convencionais ofertados nas axencias de viaxes. De feito, caracterízanse por seren totalmente autoxestionadas, bastante alternativas (ás veces mesmo algo aventureiras), moi participativas e colaborativas e, sobre todo, o máis low cost posible.

Para 2025 propoñemos voltar de novo a Turquía (¡xa será a 5ª vez!), nesta ocasión a zona do Exeo, no suroeste do país, vistiando sitios tan senlleiros como Pérgamo, Éfeso, Mileto, Knido, Hierápolis ou Afrodisias. A viaxe será, como é habitual, durante a semana do Entroido (do 28 de febreiro ao 9 de marzo 2025).

Para saber polo miúdo datas, prezos, percorridos, prazas e condicións podedes consultar o programa provisional da viaxe:

Prog provisional Türkiye 2025 


********************************************************


Formulario de inscrición online dispoñible en:

Formulario Inscrición Türkiye 2025

* Previsto 20 prazas (=4 coches de 5 prazas). Ampliable ata 25 prazas (=5 coches) se houbese moita demanda e isto non implicase incremento exponencial do prezo da cota da viaxe.
Prazo de inscrición: desde as 00:01 horas do sábado 21/12/2024 ata, como máximo, o venres 03/01/2025 ou que se esgoten as prazas, o que ocorra antes.
Prioridade para alumnos, profesores, egresados e investigadores de Historia da Uvigo (grao, licenciatura, mestrado/doutoramento) que estean directamente relacionados coa arqueoloxía, alumnos/profesores/egresados do Máster de Arqueoloxía (USC-UVigo-UDC), e para todos aqueles que acheguen as infraestruturas necesarias para a viaxe (condutores en Francia, coches ao aeroporto de Porto). Se houbese prazas libres, tamén poderán participar alumnos/egresados procedentes doutras titulacións afíns da Uvigo, doutras universidades e incluso acompañantes externos. A igualdade de condicións terase en conta na data/hora de inscrición.
No formulario hai que comprometerse a efectuar o pagamento inmediato da 1ª parte (485 €) da cota da viaxe. O xustificante do devandito pagamento terá que ser remitido por correo electrónico a (fermin@uvigo.gal) ou WhatsApp (+34657303607) de xeito inmediato ou, como máximo, nas 48 horas seguintes ao envío do formulario. En caso contrario, a inscrición na viaxe non se considerará válida.


martes, 27 de febrero de 2024

Viaxe de Prácticas Arqueoloxía Fac. Historia de Ourense

LUGO Castrexo e Romano




Data: venres 8 de marzo de 2024

Dirixida aos alumnos de 2º do Grao en Xeografía e Historia, materia "Arqueoloxía Aplicada", que teñen prioridade absoluta de inscrición.
As prazas que queden libres estarán dispoñibles para o resto dos alumnos (especialmente para os de Teoría e Método da Arqueoloxía de 1º), Máster-Doutoramento e profesores ou egresados recentes de Xeografía e Historia de Ourense.

Programa:

Formulario de Inscrición:
Prazo de inscrición ata o mércores 06/03/2024 ás 14:00 horas




miércoles, 27 de diciembre de 2023

      14ª VIAXE DE ESTUDOS ARQUEOLÓXICOS

FRANCE 2024


Xa sabedes que estas viaxes son promovidas e organizadas, desde hai moitos anos, pola área de Arqueoloxía (integrada no GEAAT, Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio), e mais pola Delegación de Alumnado da Facultade de Historia (DAFHO) do Campus de Ourense (Universidade de Vigo

Para 2024 a proposta é que vaiamos ata Francia, concretamente ao sur do país (Ródano-Alpes, Provenza-Costa Azul e Languedoc-Rosellón). A viaxe será, coma case sempre, durante a semana do Entroido (do 10 ao 19 de febreiro 2024).

Para saber polo miúdo datas, prezos, percorridos, prazas e condicións podedes consultar o programa provisional da viaxe:

Prog provis France 2024 

Formulario de inscrición online dispoñible en:

Formulario Inscrición France 2024

* Previsto 20 prazas (=4 coches de 5 prazas). Ampliable ata 25 prazas (=5 coches) se houbese moita demanda e isto non implicase incremento exponencial do prezo da cota da viaxe.

* Prazo de inscrición: do mércores 27/12/2023 ata o venres 05/01/2024.

Prioridade para alumnos, profesores, egresados e investigadores de Historia da Uvigo (grao, licenciatura, mestrado/doutoramento) que estean directamente relacionados coa arqueoloxía, alumnos/profesores/egresados do Máster de Arqueoloxía (USC-UVigo-UDC), e para todos aqueles que acheguen as infraestruturas necesarias para a viaxe (condutores en Francia, coches ao aeroporto de Porto). Se houbese prazas libres, tamén poderán participar alumnos/egresados procedentes doutras titulacións afíns da Uvigo, doutras universidades e incluso acompañantes externos. A igualdade de condicións terase en conta na data/hora de inscrición.

No formulario hai que comprometerse a efectuar o pagamento inmediato da 1ª parte (375 €) da cota da viaxe. O xustificante do devandito pagamento terá que ser remitido por correo electrónico a (fermin@uvigo.gal) ou WhatsApp (+34657303607) de xeito inmediato ou, como máximo, nas 48 horas seguintes ao envío do formulario. En caso contrario, a inscrición na viaxe non se considerará válida.

domingo, 12 de marzo de 2023

Abril 2023: Viaxe de Estudos Arqueolóxicos a Coimbra e Viseu (Chaves, Tresminas, Panóias, Fonte do Milho, S. Pedro do Sul, Conimbriga, Romariz)


PRÁCTICAS DE CAMPO oficiais dos alumnos de Arqueoloxía Aplicada (2º curso Grao Historia Ourense)

Coordinación: E. Rodríguez Álvarez e F. Pérez Losada (área de Arqueoloxía)
Datas: 22-23-24 de Abril 2023 (sábado, domingo e luns)
Programa da viaxe dispoñible en: 
Formulario de inscrición en: 
Prazo de inscrición: ata o domingo 19/03/2023 ás 23:59 horas

lunes, 2 de enero de 2023

13ª VIAXE DE ESTUDOS ARQUEOLÓXICOS:

ROMANÍA 2023

Estas viaxes son promovidas e organizadas, desde hai moitos anos, pola área de Arqueoloxía (integrada no GEAAT, Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio), e mais pola Delegación de Alumnado da Facultade de Historia (DAFHO) do Campus de Ourense (Universidade de Vigo).

A proposta para 2023 é irmos ata Romanía, a antiga Dacia romana. A viaxe será, coma case sempre, durante a semana do Entroido (do 16 ao 25 de febreiro 2023).

Para saber polo miúdo datas, prezos, percorridos, prazas e condicións podedes consultar o programa provisional da viaxe:

Prog provis România 2023 

Formulario de inscrición online dispoñible en:

Formulario Inscrición România 2023

* Previsto 20 prazas (=4 coches de 5 prazas). Ampliable ata 25 prazas (=5 coches) se houbese moita demanda e isto non implicase incremento exponencial do prezo da cuota da viaxe.

* Prazo de inscrición: do 2 ao 8 de xaneiro de 2023.

Prioridade para alumnos, profesores, egresados e investigadores de Historia da Uvigo (grao, licenciatura, máster/doutoramento) que estean directamente relacionados coa arqueoloxía, e para todos aqueles que acheguen infraestructuras necesarias para a viaxe (conductores en Rumanía, coches ao aeroporto de Madrid). Se houbese prazas libres, tamén poderán participar alumnos/egresados procedentes doutras titulacións afins da Uvigo, doutras universidades e incluso acompañantes externos. A igualdade de condicións, terase en conta a data/hora de inscrición.

No formulario hai que comprometerse a efectuar o pagamento inmediato da 1ª parte (250 €) da cuota da viaxe. O xustificante do devandito pagamento terá que ser remitido por mail (fermin@uvigo.es) ou WhatsApp (+34657303607) de xeito inmediato ou, como máximo, ata as 48 horas seguintes ao envío do formulario, caso contrario a inscrición na viaxe non se considerará válida.



martes, 22 de marzo de 2022

Viaxe de Estudios (museos e xacementos arqueolóxicos) a Asturias e León (Coaña, Xixón, León, Astorga, Las Médulas)


PRÁCTICAS DE CAMPO oficiais dos alumnos de Arqueoloxía Aplicada (2º curso Grao Historia Ourense)

Coordinación: F. Pérez Losada (área de Arqueoloxía)
Datas: 22-23-24 de Abril 2022 (venres, sábado e domingo)
Programa da viaxe dispoñible en: 
https://drive.google.com/file/d/1cE3RAQRT0rvKgtKMoE9QiiisAkaiyqdF/view?usp=sharing 
Formulario de inscrición en:  
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScBjpvP6i3kGyxy1UlOzWcKcldOt99hrc205-6GYWssgaK-BQ/viewform
Prazo de inscrición: ata o sábado 26/03/2022



domingo, 20 de febrero de 2022

 

PROGRAMA PROVISIONAL E FORMULARIO DE INSCRICIÓN

A viaxe está prevista para a semana previa a Semana Santa, concretamente desde o sábado 02/04/2022 ata o martes 12/04/2022 (11 días). Para mais detalles, aquí podedes descargar o Programa Provisional da viaxe:


Para poder participar na viaxe é obrigatorio cubrir e enviar o seguinte Formulario de Inscrición



  • Prazo de inscrición (improrrogable) ata o xoves 24 de febreiro de 2022
  • Prazas limitadas: 20 prazas (ampliable ata 25 se resultase posible)
  • Terán prioridade os alumnos, profesores, egresados e investigadores de Historia da Uvigo (grao, licenciatura, máster/doutoramento) que estean directamente relacionados coa arqueoloxía, e tamén todos aqueles que acheguen infraestructuras necesarias para a viaxe (conductores en Turquía, coches ao aeroporto de Madrid). Se houbese prazas libres, tamén poderán participar alumnos/egresados procedentes doutras titulacións afins da Uvigo, doutras universidades e incluso acompañantes externos.