13ª VIAXE DE ESTUDOS ARQUEOLÓXICOS:
ROMANÍA 2023
Estas viaxes son promovidas e organizadas, desde hai moitos anos, pola área de Arqueoloxía (integrada no GEAAT, Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio), e mais pola Delegación de Alumnado da Facultade de Historia (DAFHO) do Campus de Ourense (Universidade de Vigo).
A proposta para 2023 é irmos ata Romanía, a antiga Dacia romana. A viaxe será, coma case sempre, durante a semana do Entroido (do 16 ao 25 de febreiro 2023).
Para saber polo miúdo datas, prezos, percorridos, prazas e condicións podedes consultar o programa provisional da viaxe:
Formulario de inscrición online dispoñible en:
Formulario Inscrición România 2023
* Previsto 20 prazas
(=4 coches de 5 prazas). Ampliable ata 25 prazas (=5 coches) se houbese moita
demanda e isto non implicase incremento exponencial do prezo da cuota da viaxe.
* Prazo de inscrición: do 2 ao 8 de xaneiro de 2023.
* Prioridade para alumnos, profesores, egresados e investigadores de Historia da Uvigo (grao, licenciatura, máster/doutoramento) que estean directamente relacionados coa arqueoloxía, e para todos aqueles que acheguen infraestructuras necesarias para a viaxe (conductores en Rumanía, coches ao aeroporto de Madrid). Se houbese prazas libres, tamén poderán participar alumnos/egresados procedentes doutras titulacións afins da Uvigo, doutras universidades e incluso acompañantes externos. A igualdade de condicións, terase en conta a data/hora de inscrición.
* No formulario hai que comprometerse a efectuar o pagamento inmediato da 1ª parte (250 €) da cuota da viaxe. O xustificante do devandito pagamento terá que ser remitido por mail (fermin@uvigo.es) ou WhatsApp (+34657303607) de xeito inmediato ou, como máximo, ata as 48 horas seguintes ao envío do formulario, caso contrario a inscrición na viaxe non se considerará válida.
No hay comentarios:
Publicar un comentario