lunes, 2 de diciembre de 2019

TÜRKIYE 2020: Programa Provisional e Formulario de Inscrición




A viaxe será, como sempre, na semana do Entroido de 2020, concretamente entre o venres 21 de febreiro e o domingo 1 de marzo (10 días). Para mais detalles, aquí podedes descargar o Programa Provisional da viaxe:


Para poder participar na viaxe é obrigatorio cubrir e enviar o seguinte Formulario de Inscrición



  • Prazo de inscrición (improrrogable) ata o mércores 11 de Decembro de 2019.
  • Prazas limitadas: 25-27 prazas dispoñibles.
  • Terán prioridade os alumnos, profesores, egresados e investigadores de Historia da Uvigo (grao, licenciatura, máster/doutoramento) que estean directamente relacionados coa arqueoloxía, e tamén todos aqueles que acheguen infraestructuras necesarias para a viaxe (conductores en Turquía, coches ao aeroporto de Madrid). Se houbese prazas libres, tamén poderán participar alumnos/egresados procedentes doutras titulacións afins da Uvigo, doutras universidades e incluso acompañantes externos.


11ª Viaxe de Estudos Arqueolóxicos: TURQUÍA/TÜRKIYE 2020

  • Xa está aquí a nova viaxe arqueolóxica, desde Ourense para o Mundo, para febreiro de 2020.
  • Voltaremos a Turquía por 3ª vez, nesta ocasión a Estambul e Anatolia central.
  • Xacementos e Museos Hititas, Frigios, Romanos e Bizantinos, alá vamos!!




martes, 12 de marzo de 2019

Viaxe Prácticas Arqueo+Prehistoria Coimbra-Lisboa 2019

Viaxe de prácticas oficiais de campo (Prehistoria+Arqueoloxía) do Grao de Historia da Uvigo 2019

Viaxe de estudios (museos e xacementos arqueolóxicos) ao centro de Portugal (Coimbra e Lisboa)


Coordinación: L. Castro Pérez (Prehistoria), F. Pérez Losada (Arqueoloxía)

Datas: 05-06-07 de Abril 2019 (venres, sábado e domingo)

Exclusivamente para alumn@ de Historia da Uvigo!!
Prioridade para alumn@s/profesores oficiais en viaxe de prácticas (Prehistoria Xeral de 1º e Arqueoloxía Aplicada de 2º; aprox. 40 persoas). As prazas que fiquen libres (aprox. 10) poderán ser ocupadas por calquera outro alumno (grao, máster, doutoramento) ou egresado recente de Historia interesado.

Prazo de inscrición/pagamentoata o venres 15 de marzo de 2019.

Programa da viaxe:

Ficha de inscrición: