A viaxe será, como sempre, na semana do Entroido de 2020, concretamente entre o venres 21 de febreiro e o domingo 1 de marzo (10 días). Para mais detalles, aquí podedes descargar o Programa Provisional da viaxe:
Para poder participar na viaxe é obrigatorio cubrir e enviar o seguinte Formulario de Inscrición
- Prazo de inscrición (improrrogable) ata o mércores 11 de Decembro de 2019.
- Prazas limitadas: 25-27 prazas dispoñibles.
- Terán prioridade os alumnos, profesores, egresados e investigadores de Historia da Uvigo (grao, licenciatura, máster/doutoramento) que estean directamente relacionados coa arqueoloxía, e tamén todos aqueles que acheguen infraestructuras necesarias para a viaxe (conductores en Turquía, coches ao aeroporto de Madrid). Se houbese prazas libres, tamén poderán participar alumnos/egresados procedentes doutras titulacións afins da Uvigo, doutras universidades e incluso acompañantes externos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario